Sunday 28 de April de 2024

A Corporación homenaxea ao veterano judoka Fernando Ulloa


O A Corporación municipal de Cambre homenaxeou hoxe a Fernando Ulloa, , veciño do Temple que nos últimos anos logrou importantes éxitos no mundo do deporte como judoka. Fernando estivo ligado ao mundo do Judo dende pequeno e agora na categoría master, categoría M5 veteranos, onde logrou importantes éxitos a nivel nacional e internacional.

Foi medalla de prata en 2014 no Mundial de Málaga, Campión de España e Campión Copa Barcelona este mesmo ano.

Segundo o alcalde, Oscar García Patiño, trátase dunha persoa ejemplar que mantén unha preparación física diaria para poder competir a pesar de ter pouco tempo debido as súas obrigas profesionais e familiares. “É de xustiza recoñecer a paixón polo deporte deste veciño e o labor que realiza pola difusión dun deporte que ás veces mal chamamos minoritario. Nunca é tarde para lograr éxitos no mundo do deporte se existe constancia, traballo e sobre todo amor polo que un fai”.

A Corporación entregoulle un agasallo institucional, a miniatura da igrexa románica de Sargadelos, presente que lle outorga a todos os veciños aos que homenaxea.